Thursday 02 de May de 2024

Día do Deporte


Mañá celebrarase a 13ª edición do Día do Deporte da Laracha a partir das 10:00 horas.

A xornada rematará ás 13:30 horas co sorteo dos regalos, momento que tamén se aproveitará para presentar a 6ª Carreira do Apóstolo que se vai celebrar o 16 de xullo baixo a organización da Asociación Adro de Vilaño.

Achéganse neste correo tanto o programa do Día do Deporte como o cartel da Carreira do Apóstolo.